De corpos presentes | Plataforma de produción, investigación e difusión das artes performativas contemporáneas en Galicia.

Co apoio de:

Cultura da Deputación da Coruña

VERTIXE SONORA.

Colectivo flexible que integra solistas de importante traxectoria no ámbito da música contemporánea en Galicia, Vertixe Sonora Ensemble favorece un espazo aberto á reflexión, discusión e intercambio na música contemporánea. Xurde co afán de manter unha estructura estable de encomendas, favorecer a creación de produccións musicais de actualidade e dinamizar o espectro sonoro contemporáneo desde o vértice peninsular dun xeito que resulte significativo nunha perspectiva internacional. A partires dunha conciencia da multiplicidade no achegamento ó sonoro establece un constante diálogo e interacción co pensamento, a ciencia, a tecnoloxía e outras formas artísticas da contemporaneidade desde unha óptica cosmopolita, integradora e transcultural que non renuncia nin ó rigor, nin á transgresión nin ó espíritu de vangarda.

http://vertixesonora.net/

nodonodo.html

«Algo así como quien conversa con el zumbar de sus propios oídos, que es la más elemental materialización sonora del fluir temporal» - Antonio Machado.

BRUMARIO | concerto performativo
música contemporánea_ Vertixe Sonora
corpo e movemento_ javier martin

Proxecto de investigación e creación en código aberto, improvisación a nivel de son e movemento trenzada no concepto de vibración como lugar que atravesa e conforma ambas disciplinas. Cunha marcada identidade artística que aposta pola produción local de coñecemento, este encontro entre Vertixe Sonora Ensemble e o coreógrafo Javier Martín busca desenrolar un concerto performativo baseado no concepto de vibración como lugar que atravesa e conforma ambas disciplinas. Mantendo unha metodoloxía de traballo en contacto co público, búscase que a creación xorda nun contexto participado pola crítica á vez que se crea un contexto subxectivo para o seu cuidado.